CRÓNICA DO PLENO DO CONCELLO DO 24 ABRIL 2015

O pasado venres 24 de abril, celebrouse no noso concello un «pleno extraordinario» no que o primeiro que chamaba a atención era a súa extensa orde do día (incluíndo a proposta para a aprobación de varias concesións de servizos) sobre todo tendo en conta que estamos a un mes da celebración das eleccións municipais…
Outra cousa sorprendente foi que o salón de plenos case se queda pequeno pola grande afluencia de público asistente, entre o que se atopaba ata o ex-alcalde, varios veciños e algúns traballadores do concello… ¡Así tiña que ser sempre! non coma nos anteriores que estabámos tres na sala… A nós parécenos moi importante que a xente acuda aos plenos sempre que poida, posto que neles tómanse decisións que nos repercuten a todos.

Sobre algúns dos puntos que se trataron que nos pareceron relevantes:

– Aprobouse a liquidación de contas do 2014, a favor tódolos concelleiros do PP, en contra as concelleiras de PSOE e BNG. Do 2014 eran os pagos das facturas que a sra.secretaria autorizou supostamente ás súas propias empresas.

– Acordouse nomear fillo predilecto a D. Félix Rodríguez Domínguez, fundador de FERAMA, votos a favor PP e PSOE, abstención BNG.

– Aprobouse unha prórroga por 10 anos para a xestión da auga a GESECO, a favor tódolos concelleiros do PP, en contra as concelleiras da oposición. O Alcalde alabou a xestión que está a facer esta empresa co servizo de augas do concello, motivo polo que votaron prorrogar o contrato. A concelleira do PSOE en base aos datos do informe técnico indicou que tal prórroga xa fora acordada polo Alcalde fai un ano cun representante da empresa, feito que segundo comentou, podería ser unha ilegalidade, posto que tal decisión tiña que terse tomado en pleno xa na data e ter licitado o concurso. De ahí os seus votos en contra.

– Aprobouse a caducidade do expediente do pantalán do catamarán, que nestos momentos está sendo obxecto dunha investigación xudicial por suposto amaño no concurso (ver a información premendo eiquí).

– A sra. concelleira do PSOE presentou unha moción na que pedía transparencia no concello que foi votada en contra.

Ao final do pleno a sra.secretaria do concello recoñeceu que a información que saíra na prensa sobre ela e as facturas autorizadas era verdade, pero matizou que os datos económicos non eran os exactos (Premede eiquí para ler a nota de prensa da que falamos).
O dito, foi un pleno moi interesante que reflexou claramente cómo funciona o noso concello.
¡ANIMÁMOSVOS A TODOS A ACUDIR AO PRÓXIMO!

Un comentario en “CRÓNICA DO PLENO DO CONCELLO DO 24 ABRIL 2015

  1. […] Acta do 24 de abril do 2015. A concelleira do PSdeG-PSOE manifestou que no punto 9  non se recollía unha pregunta que no seu momento pediu que constase en acta con respecto á renovación do contrato con GESECO, empresa que se encarga da xestión da auga. A corporación aceptou a inclusión da mesma. Do mesmo modo, denegóuselle a inclusión na acta doutro comentario con respecto á contratación do catamarán. […]

    Me gusta

Deja un comentario