«O DÍA DESPOIS» CRÓNICA POSTELECTORAL DUN VECIÑ@ DE NOGUEIRA

Deixamovos eiquí un escrito post electoral que nos envía un veciñ@ de Nogueira de Ramuín:

O DÍA DESPOIS…

Polo visto, a un 61% dos votantes nas pasadas eleccións municipais do concello de Nogueira de Ramuín, non lles importou demasiado, nin lles tremeu a man a hora de validar a xestión e dar o seu consentemento para que durante 4 anos máis, siga xestionando os nosos cartos un partido investigado por malversación de caudais públicos, tráfico de influencias, falsificación documental … e deus sabe con qué máis nos sorprenderán nos próximos capítulos deste culebrón amateur.

Qué dicir do Mandamáis, que chamado a declarar como imputado nunha peza da operación cóndor por ilegalidades na contratación do catamarán, ¡negase a declarar!. Pois sí, é verdade que está no seu dereito, pero de cara á opinión pública, non queda en moi bo lugar. O que entende calquer mortal, é un intento de se escudar ou zafarse na súa responsabilidade, amén da falta manifesta de colaboración ca xustiza. Sóame a “Costa Concordia”, e outra vez a falta de ética e pundonor, da por boa a premisa, sálvese quen poda. Non vou ser eu quen o xuzgue, pero a cousa fede, e fede arreo, xa non hai perfume que o disimule por moito que se empeñen.

Na xornada electoral, viuse de todo e máis do mesmo. Carrexo de votos, malos modos, coaccións activas e pasivas, e incluso houbo quen se atreveu a recurrir a prácticas barriobaixeiras propias da camorra, asoballando e ameazando directamente a quen lles advertiu que estaban a cometer accións ilegais, raiando perigosamente o delito.

Estes energúmenos a soldo, non se decatan do dano que lle fan o seu partido. O único que consiguen e acrecentar e consolidar a fama de política caciquil e de “casta rural” que galardona a este concello. Tarde vexo que poidan quitarse este “Sambenito”.

¿Quén vai dudar, a estas alturas, das irregularidades e tropelías que se cometeron e cometen no concello, cando recurren a este tipo de prácticas ilegais sen ningún tipo de pudor, por un puñado de votos? ¿Qué se pode esperar dun partido no que o seu gurú D. JL. Baltar, alá polo 2009 se vanagloriaba públicamente da sua intelixencia o darlle o cambiazo dos sobres electorais a una parella de anciáns dos que sospeitaba que non ían votarlle? ¿Para qué van cambiar una política por impropia, reprochable e inaceptable que sexa, se lles leva funcionando 30 anos? Esta é a esencia democrática que une a algunhas persoas, e fainas sentirse orgullosas dos seus ideais en pleno seculo XXI. Uns son incapaces de ver máis alá do seu embigo, fáltalles valor para quitarse o xugo o que están atados, outros aspiran a seren enxugados, e outros oportunistas prefiren subirse o carro e beneficiarse do traballo sucio. Tamén hai, como todo neste mundo, quen anda por ver andar.

Algo cambiar, cambiaron. Os coches das carretaxes, nun burdo intento por se camuflaren, rotaron as parroquias, tratando de que o carreteiro pasase desapercibido. Pero claro, os carretados eran os de sempre, craso erro. Para aforrar en desprazamentos e pola incomodidade das cadeiras de rodas, os avós da residencia de anciáns, votaron por correo. Tanto discapacitados como enfermos de Alzheimer. Feito repugnante e deleznable impropio de xente civilizada, que atenta directamente contra a dignidade e o respeto as persoas maiores. Que vileza! Tratalos coma bonecos de trapo, coma un número de DNI, un voto, unha peza mais da engranaxe que sustenta a maquinaria do poder corrupto.

A máquina, vai vella. Quedou obsoleta. Chirría e comenza a roxir. Xa non hai xamóns nen touciños que a engrasen. Eran tempos.

Son tempos de escomenzar a cambiar, pouco a pouco. Exisir que as cousas se fagan ben, con consenso, transparencia, igualdade e equidade para todos. Propoño autocrítica. Reconforta a alma, relaxa a ansiedade e tranquiliza conciencias atormentadas. Próbeno. Non perdan o tempo en conxuras nin caza de bruxas, o feito feito esta, céntrense no ben común e poñanse a traballar.

Catrocentos setenta veciñ@s votaron por un cambio. Un cambio que afecta a todos, e que é posible. Sr. Alcalde, Concellais, teñan conciencia de país, traballen en común, olvídense de intereses particulares e partidistas, e comenzen a xestionar por e para tod@s os veciñ@s, que así o queremos e decidimos.

SALTANCHISPAS

Recordade que podedes contribuír e participar no noso blogue enviando escritos, opinións, propostas, ideas, fotografías, ou comentarios etc. a nosa dirección de correo electrónico: amigosdenogueira@gmail.com.  Grazas!

RESULTADOS ELECTORAIS 2015 NOGUEIRA DE RAMUÍN

 

Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - Ourense - Nogueira de Ramuín 2015

Fonte: Ministerio del Interior

 

  • MESA DE A PENALBA

102 PP

51 PSdeG-PSOE

25 BNG

3 NULOS

  • MESA DE A RASA-LOUREIRO

164 PP

65 PSdeG-PSOE

16 BNG

6 BLANCO

19 NULOS

  • MESA DE LUINTRA

294 PP

124 PSdeG-PSOE

34 BNG

11 BLANCOS

7 NULOS

  • MESA DE ARMARIZ

117 PP

51 PSdeG-PSOE

20 BNG

10 BLANCO

8 NULOS

  • MESA DE FARAMONTAOS

206 PP

59 PSdeG-PSOE

23 BNG

10 BLANCO

15 NULOS

DENUNCIAS DE CARREXOS NO CONCELLO:

http://www.lavozdegalicia.es/video/ourense/2015/05/24/denuncia-carrexo-electores-nogueira-ramuin-ourense/0031_2015054253899867001.htm

 

 

REFLEXIÓN PREELECCIÓNS DUN VECIÑ@ DO CONCELLO

QUEDAN TRES DÍAS. HOXE ÚLTIMO DE CAMPAÑA E MAÑÁ TEMPO DE REFLEXIÓN…E EIQUÍ VOS DEIXAMOS A QUE NOS ENVÍA UN VECIÑ@ DO CONCELLO…

O nacemento dunha estrela.
De estrela a estrelado

Chegamos a un extremo no que no circo mediático da política, se non estas metido en catro ou cinco fregaos, non es ninguén. Hoxe por hoxe, trunfa o que sabe forxarse un nome nos medios sen importar o fin, e que mellor trampolín que as visitas o xulgado e a noria da vida pública.

Primeiro foron as preferentes, centos de estafados que a duras penas recuperarán parte dos seus aforros, e mentres os estafadores reciben gratificacións dos bancos por cumprimento de obxetivos, indemnizacións de escándalo, e nalgúns casos, recolocacións en empresas de alto nivel como “asesores” de non se saben ben que, ou prexubilacións anticipadas quentando cómodos sillóns en despachos políticos.

Logo veu o pseudopelotazo da A-76, intereses de constructoras locais, expeculacións con terreos susceptibles de expropiación etc… caldo de cultivo regado secretamente con altas doses de oscurantismo, desinformación, ocultación e falsificación de documentos, e una “miaxa” de prevaricación (ingrediente imprescindible en todo entratado que se precie). O que non contaron foi ca perseverancia dangúns veciños que cortaron de raíz e fixeron leña do proxecto, convertendoo en cinsa e fume. Crucémolos dedos, non vaia ser que resurxa coma o fénix.

E como non podía ser doutro xeito, e para consolidar o estrelato, denuncias por prevaricación, trafico de influencias, revelación de segredos, branquexo de capitais, contratos ligados a persoal funcionario do concello, operación cóndor… etc. Etc. E todo isto, en “campaña electoral”, o máis puro estilo Bollywood, soio falta como fulión final o desfile xeral de exaltación do poder, recorrendo as parroquias do concello, en baño de multitudes e arroupado no seu xogo de tronos por tódolos veciños que ao longo de 30 ou 40 anos a maquinaria do poder baltarista foi castrando psicolóxicamente ata anular e dobregar a capacidade do raciocinio, da liberdade de pensamento e decisión, e que por desgracia, neste e noutros concellos do país seguen a ser maioría.

Autómatas futuristas que incongruentemente son controlados por reminiscencias feudalistas onde non ten cabida a discusión, a discrepancia ou a liberdade de expresión. Non hai máis que asistir a celebración dun pleno para entender estas afirmacións.

Despois de todo esto, voltarán a gañar as eleccións por maioría, e celebrarano a bombo e platillo, perdéndose outra oportunidade para esixirlles que as cousas se fagan doutro xeito, para TOD@S e con transparencia.

Indignación? Xa non, máis ben medo. Soño. E soño que unha criatura do averno, entra pola noite na miña cama a practicarme una trepanación na que me lobotomizan o senso da tolerancia, da xustiza, da igualdade e da liberdade. Choro. E entre as bágoas, sinto como soio me queda a dignidade e maila vergoña, e decido non espertar do meu soño, antes que levar unha vida axeonllado.

Outros nembargantes, seguirán dicindo: “Botame pan e chámame can”. Pasarán a súa insulsa vida, digna de lástima, ladrando e danzando o redor do mesmo amo que o encadea e oprime, e que unhas veces votaralle o pan debecido, e outras moitas levara paus non merecidos.

Benchodixen.

III ANDAIÑADA NOCTURNA POLO SAN XOÁN

11157534_447749365394262_722160379413577985_o

O próximo martes 23 de xuño, Noite de San Xoán, ás 22 horas con saída da Praza do Afiador de Luintra, terá lugar a 3ª edición da «Andaiñada Nocturna» do Concello de Nogueira de Ramuín (Andaina+Sardiñada). A distancia da andaina será de 7km aprox. e cunha dificultade baixa. A cuota será de 5 € por persoa e os interesados en participar deberán formalizar a inscrición antes do día 19 de xuño.

Bases máis completas da Andaiñada:

Haz clic para acceder a BASES%20ANDAINADA.pdf

Descarga do impreso de inscrición:

Haz clic para acceder a FOLLA%20INSCRICION.pdf

Máis información no teléfono: 988 20 15 25.

CAMPAMENTOS DE VERÁN NO CONCELLO

ENGLISH CAMP Peares 

11265394_447747062061159_7333759405750976180_o

Campamento subvencionado polos concellos de Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Carballedo e Ferreira de Pantón cun custo de 180 € para empadroados e 280 € para non empadroados. As datas serán do 19 ao 26 de Xullo. Poderán asistir nenos de entre 9 e 16 anos.  
Info. e inscricións no Dpto. Cultura do Concello (988 201 525)

CAMPAMENTO URBÁN Nogueira de Ramuín

21888_447747118727820_5547244901210442236_n
Idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
Xuño, Xullo, Agosto e Setembro de 9:00 a 14:00 h.
Posibilidade de comezar as 8:00 h. (consultar)
Data límite de inscrición ata o 14 de xuño para os que vaian en xuño/xullo.
Prezo individual por semana: 45€ (consultar outras modalidades)
Info. e inscricións no Dpto. Cultura do Concello (988 201 525)

Información extraída da páxina web e Facebook do Concello.

II CONCURSO FOTOGRÁFICO «UN AGASALLO PRETO DE TI»

 

11174480_443354072500458_6497091508073081255_o

En marcha a 2º edición do Concurso de Fotografía «Un agasallo preto de ti» de Nogueira de Ramuín, promovido polo Departamento de Cultura do Concello co obxectivo de «resaltar o patrimonio natural e artístico deste municipio dende a perspectiva dos participantes, e transmitir esa riqueza patrimonial que caracteriza a este privilexiado encrave no corazón da Ribeira Sacra».

O prazo de presentación de fotografías é ata o 31 de xullo de 2015. Póderanse presentar un máximo de 3 fotos orixinais e inéditas por participante en cor ou blanco e negro sen alteracións nin fotomontaxes indicando o lugar no que foron tomadas.

Cada imaxe enviarase por correo electrónico a: cultura_nogueiraderamuin@hotmail.com en formato jpeg, tamaño mínimo 1024×768 e peso máximo do arquivo 5Mb. Título do correo: «II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN «UN AGASALLO PRETO DE TI» podendo incluir texto explicativo breve.

O xurado estará composto por membros do departamento de cultura do concello. Os premios son os que aparecen no cartel anunciador. As fotos pasarán a ser propiedade do concello e publicaránse os gañadores na web do concello e no Facebook.

Podedes consultar estas bases premendo eiquí:

Haz clic para acceder a BASES_CONCURSO_FOTOGRAFICO.pdf

ou na páxina web do concello.

Para máis información:

Departamento de Cultura do Concello de Nogueira de Ramuín

Teléfono: 988 201 023

Correo electrónico: cultura_nogueiraderamuin@hotmail.com

 

O ALCALDE E A SECRETARIA DO CONCELLO IMPUTADOS POLO CONCURSO DO CATAMARÁN

Nova de onte en El País, Edición Galicia: O Alcalde e a Secretaria do Concello imputados por presunto delito de amaño no concurso público do catamarán.

La juez de la Cóndor imputa al alcalde de Nogueira de Ramuín _ Galicia _ EL PAÍSHoxe tamén na Voz de Galicia «El Alcalde de Nogueira de Ramuín imputado en el caso de las concesiones a Monbús»http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/05/09/alcalde-nogueira-ramuin-imputado-concesiones-monbus/0003_201505G9P16994.htm

MAIOS 2015 EN NOGUEIRA DE RAMUÍN E OURENSE

O pasado venres 1 de maio, Día do Traballador, celebrouse no Concello de Nogueira de Ramuín a Festa dos Maios. Houbo un total de tres maios participantes instalados na Praza do Afiador de Luintra. O noso favorito o do carro, vaia traballiño que fixeron os maiores da residencia do noso concello!!!! Os outros dous tamén moi bonitos, feitos polo Departamento de Cultura. Eiquí vos deixamos algunhas fotografías que tomamos por se non tivestedes oportunidade de achegarvos a velos:

E o noso concello tamén tivo unha pequena representación na Festa dos Maios de Ourense. A A.A.V.V. Pedra Blanca de Penalba e Viñoás participou na categoría de maio artístico de adultos e maio enxebre infantil no concurso «Aí ven o Maio» que se celebrou na Alameda de Ourense no día de onte, onde estiveron cantando as súas coplas. Eiquí tedes tamén algunhas fotos que nos fan chegar dende a asociación:

Para o ano que vén máis e mellor!!!