PLENO VENRES 31 DE XULLO ÁS 9:30 HORAS

Este próximo venres 31 de xullo ás 9:30 horas toca sesión ordinaria do Pleno da Corporación.

Deixámosvos eiquí a orde do día e invitámosvos a tod@s a asistir ao Pleno!

ORDE DO DÍA

1º- Acta anterior.

2º- Consello territorial da propiedade inmobiliaria: Representantes.

3º- Acordo alumnos infantil e primaria.

4º- Mocións.

5º- Rogos e preguntas.

CRÓNICA DO PLENO DO 10 DE XULLO DE 2015

Esta mañá ás 9:30 horas houbo unha sesión plenaria de carácter organizativo no Concello que pasamos a resumir:

  • Acordouse que a periodicidade dos plenos ordinarios será de un cada tres meses como marca a lei (o próximo pleno podería ser o 31 de xullo). A oposición solicitou que se fixeran fóra de horario laboral para que puidese asistir máis xente, pero non foi aceptada a petición.
  • Creouse unha Comisión de Contas obligatoria por lei.
  • Os representantes dos órganos colexiados serán:
  1. Mancomunidade Voluntaria de Municipios da comarca de Ourense: Camilo Rodríguez.
  2. Catastro Hacienda: Francisco Gómez.
  3. Consorcio Local Os Peares: Alcalde César Parente e delegación en Camilo Rodríguez.
  4. Consorcio Turismo Ribeira Sacra: Alcalde César Parente e delegación Raúl Soto.
  5. Grupo Escolar: Raúl Soto e delegación Manuela Salgado.
  6. Axencia Galega de Benestar Social: Manuel Pereira.
  7. ADERCOU: Francisco Gómez e Alcalde.
  • O Alcalde César Parente terá dedicación exclusiva, 14 pagas de 2000 € netos.
  • Creouse a Xunta de Goberno Local.
  •  Os Tenentes de Alcalde serán:
  1. Camilo Rodríguez
  2. Raúl Soto
  3. Manuel Pereira
  • Nomeouse aos concelleiros:

Infraestruturas, Vias e obras e Medio Ambiente: Camilo Rodríguez.

Deporte, Cultura, Turismo e Educación: Raúl Soto.

Seguridade cidadá, servicios sociais e participación cidadá: Manuel Pereira.

Asociacións de Veciños: Francisco Gómez.

Sanidade: Manuela Salgado.

Agricultura e Gandeiría: Camilo Blanco.

A oposición solicitou a creación doutras concellerías como por exemplo Patrimonio que non foi aceptada.

  • En canto ás retribucións dos órganos colexiados e outros:

Por asistencia aos plenos: 150 €. Dende a oposición solicitouse que se rebaixase esta contía a 30 € por pleno que cubrirían os gastos de desprazamentos e outros e que é o que se cobra xa noutros concellos, pero a petición non foi aceptada polo grupo de goberno.

Por asistencia a reunións: 75 €.  Se coincidisen dúas no mesmo día sería incompatibilidade.

 Ata o próximo pleno!!

PLENO MAÑÁ VENRES 10 DE XULLO ÁS 9:30 HORAS

Convocada sesión organizativa da nova corporación municipal. Pleno mañá venres día 10 de xullo ás 9.30 horas.

ORDE do DÍA:

1º- Toma de posesión Srs. concelleiros.

2º- Aprobación borrador acta anterior (constitutiva).

3º- Periodicidade das sesións do Pleno.

4º- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes.

5º- Nomeamento de representantes en órganos colexiados:

5.1.) Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense.

5.2.) Catastro Hacienda.

5.3.) Consorcio Local Os Peares.

5.4.) Consorcio Turismo Ribeira Sacra.

5.5.) Grupo Escolar.

5.6.) Axencia Galega de Benestar Social.

5.7.) ADERCOU

6º- Nomeamento de concelleiros con dedicación exclusiva e características .

7º- Creación da Xunta de Goberno Local e competencias delegables do Pleno e da Alcaldía nesta Xunta, e periodicidade das sesións.

8º- Resolución da Alcaldía:

8.1.) Composición da Xunta de Goberno Local.

8.2.) Nomeamento de Tenentes de Alcalde.

8.3.) Nomeamento de concelleiros con competencias delegables.

9º- Sistemas retributivos órganos colexiados e outros.

10º- Dación conta de constitucións de Grupos Políticos e nomeamento de portavoces.