CRÓNICA DO PLENO DO 31 DE XULLO DE 2015

O pasado venres 31 de xullo houbo pleno ordinario no concello. Pasamos a resumir o que aconteceu:
-Seguindo cos puntos da orde do día, comezase aprobando a acta do pleno anterior de forma unánime.

– Propuxéronse os representantes para o Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria, ningún é do noso concello.

– Aprobouse un acordo para enviar á Consellería de Educación en apoio ao colexio de Luintra.

– A moción presentada polo PSdeG-PSOE e independentes reflexaba o medo que existe ante a inminente xubilación dun dos médicos do centro de saúde e a posible amortización da súa praza. O señor alcalde comentou que ise tema xa está solucionado e que existe un compromiso por escrito por parte da Conselleria de Sanidade de seguir mantendo cuberta esa praza.

 

Rogos e preguntas por parte da oposición (PSdeG-PSOE e independentes e BNG):

1 -Pídese:

1.1. A colocación dunhas barandas no pobo de O coitelo para facilitar a vida a dúas veciñas invidentes e outros veciños da zona.
1.2. A mediación dende o concello para millorar a cobertura de internet na parroquia de A Carballeira.
1.3. O arranxo da fonte de Fiscal.
2- Saneamento: Denúncianse vertidos do alcantarillado nos pobos de Ferreirúa e A Penalba.
3 -Pregúntase tamén por cando se vai a proceder coas remodelacións do PAI (Punto de Atención á Infancia).
4- Insístese na necesidade de que dende o concello se aplique o bando de limpeza ao redor dos pobos para manter limpas as poboacións e evitar incendios.
Isto foi todo. O próximo pleno ordinario será probablemente no mes de outubro.