A VECIÑANZA ARRANXA OS CAMIÑOS PÚBLICOS ANTE A PASIVIDADE DO CONCELLO

Recibimos estas instantáneas xunto con queixas dende a Penalba, na parroquia de Viñoás, onde esta fin de semana os veciños acometeron obras para arranxar o camiño que sobe ata a Ferreirúa ante a pasividade no mantemento por parte do Concello e a proximidade das súas festas que se inician hoxe coa andaina das adegas. Segundo comentan, xa o ano pasado por estas datas tiveron que arranxar eles mesmos o acceso e a entrada o Campo da Festa da localidade.

O camiño transitado a diario por viandantes e vehículos, presenta fendas importantes nalgunhas zonas, que xa teñen provocado certos incidentes e preocupación por parte da veciñanza. Do mesmo xeito o firme do campo ten un estado lamentable, como se puido comprobar xa no 2011, ano en que segundo din se presentaron as primeiras queixas acompañadas de fotografías no Concello onde o persoal que os atendeu lles asegurou que se tomarían medidas ao respecto… Dende enton, son varios os escritos que teñen remitido tanto dende a asociación de veciños/as como dende a Comisión de Festas e a nivel particular sen obter apenas resposta.

Menos mal que neste Concello temos veciñ@s unid@s e traballadores/as que se preocupan de limpar e acondicionar as nosas vías para o disfrute e mesmo a seguridade de tod@s. Que llo digan aos de Móvete por Nogueira, aos da Penalba, de Moura, de Luintra, da Carballeira, Armariz, Loña… e a outros veciñ@s das distintas parroquias de Nogueira de Ramuín, que codo con codo fan cousas coma estas:

IMG-20160822-WA0001 IMG-20160822-WA0002 IMG-20160822-WA0003 IMG-20160822-WA0004 IMG-20160822-WA0005