PLENO VENRES 31 DE XULLO ÁS 9:30 HORAS

Este próximo venres 31 de xullo ás 9:30 horas toca sesión ordinaria do Pleno da Corporación.

Deixámosvos eiquí a orde do día e invitámosvos a tod@s a asistir ao Pleno!

ORDE DO DÍA

1º- Acta anterior.

2º- Consello territorial da propiedade inmobiliaria: Representantes.

3º- Acordo alumnos infantil e primaria.

4º- Mocións.

5º- Rogos e preguntas.

CRÓNICA DO PLENO DE HOXE. PRÓXIMO PLENO ESTE SÁBADO 13 DE XUÑO.

Esta mañá tivemos pleno extraordinario no concello. Os temas que se trataron foron os seguintes:
  1. O alcalde expresou o seu apoio absoluto ao colexio de Luintra. Apoio ao que se sumaron tódolos concelleiros presentes no salón de plenos.
  2. Aprobación das actas dos tres últimos plenos (orde do día):
  • Acta do 23 de decembro do 2014. As concelleiras do BNG e do PSdeG-PSOE fixeron unha puntualización  ao punto que trataba o Plan de Emerxencia no caso da rotura da presa.
  • Acta do 24 de abril do 2015. A concelleira do PSdeG-PSOE manifestou que no punto 9  non se recollía unha pregunta que no seu momento pediu que constase en acta con respecto á renovación do contrato con GESECO, empresa que se encarga da xestión da auga. A corporación aceptou a inclusión da mesma. Do mesmo modo, denegóuselle a inclusión na acta doutro comentario con respecto á contratación do catamarán.
  • Acta do 28 de abril do 2015 aprobouse coa abstención da concelleira do PSdeG-PSOE.
Esto foi todo.
O próximo sábado día 13 de xuño ás 12:00 está programado o pleno extraordinario no que os novos concelleiros e concelleiras tomarán posesión do cargo.
Esperemos que cumplan as nosas expectativas que pra eso lles votamos, teñen catro anos por diante pra traballar pra nós!!
Por suposto, dende esta páxina de Amigos de Nogueira ímolos a seguir!!

PLENO EXTRAORDINARIO MÉRCORES 10 ÁS 9:30

Convocado Pleno Extraordinario do Concello este mércores día 10 de xuño ás 9:30 con un único punto a tratar, o último pleno antes da constitución da nova Corporación Municipal que se celebrará o sábado día 13 de xuño.

Animámosvos dende eiquí a tódolos veciñ@s de Nogueira de Ramuín a asistir!!! Vémonos no Salón de Plenos!!

ORDE DO DÍA:

Aprobación de actas anteriores (23/12/2014), (24/04/2015) e (28/04/2015).