«NIN INFERIORES NIN RESPONSABLES»

Carta en resposta a publicacións anteriores sobre o CEIP de Luintra que nos fan chegar:

Quedei anonadado, o ver como un colectivo, neste caso a ANPA do CEIP Luintra, trata de resolver un problema infantil, recurrindo a métodos e formas pueriles, rabietas, pataletas e o “tu máis”. Non señores, a ameaza velada ou directa, as coaccións a unha parte importante dos veciños que neste caso non temos escolarizados os nosos cativos nese CEIP, non aporta nada de nada en positivo, é pisar sobre mollado, e enlamarse máis no bulleiro.

Que os meus fillos non acudan o colexio de Luintra, non quere dicir que non estemos sensibilizados co problema de suprimir o agrupamento, e dispostos a colaborar como veciños que somos. Quizáis incluso máis que outros pais, que para o que lles queda no convento…

Despois de cargar tintas a destro e sinistro, de demonizarnos, de utilizarnos como cabeza de turco, cargando en nós a cruz do problema, ¿cal vai ser o seguinte paso?
Perseguir os nenos como Herodes, ou temos que estigmatizalos marcándolle na roupa “a min non me levan o Ceip Luintra”. Gustaríame saber de quen partiu semellante arrebato de obcecación para chegar a este extremo . Se somos incapaces de canalizar este asunto por cauces máis constructivos, meditados, consensuados, e civilizados, o problema de educación xa non e só dos rapaces. Deberíamos plantexarnos o de seguir o fronte das reivindicacións e deixar paso a outros que aporten propostas máis coherentes. Este é un problema común, de tódolos veciños. Non entredes no xogo das divisións que non aportan nada positivo, tratade de sumar, ou mellor multiplicar apoios.

Para eso, non houbera estado mal, facer unha asamblea aberta a todolos veciñ@s, expoñendo o problema e as súas consecuencias, pois moitos o día de maña poderán estar na mesma situación, e outros aunque neste momento non teñamos os nenos escolarizados ahí, nunca se sabe as voltas que da a vida, e por circunstancias X, poderían cambiar de centro.

Non me faledes de discriminación no rural tan a lixeira e de forma xenérica, pois as circunstancias, beneficios, facilidades, para a vida cotiá, non son as mismas para todos os veciños desde concello. Non e o mesmo poboación, donde se concentran os servizos, que núcleo diseminado rural que ademáis da distancia, das penosas comunicacións, ausencia total de servizos, temos o handicap de precisar de desprazamentos para todo, colexio, servicios médicos, alimentación, xestións administrativas… e neste caso, NINGUÉN, se acorda de nós. E esa e unha das principias raíces do problema da falta de matriculacións no CEIP, o non haber sido capaces de velo vir, como outras espadas de Damocles que penden deste concello (poboación emvellecida en claro descenso galopante, no ano 2000 había 2667 habitantes, no 2014 somos 2198 e baixando; posible reducción de profesionais e horarios de atención no centro de saúde; perda de concellais en canto o censo baixe de 2000 habitantes …)

¿Cómo é posible que coa plantilla de traballadores da que dispón este concello, na que investimos máis de 700.000 euros o ano, ningún profesional nas suas funcións de planificación, organización, evaluación, análise da realidade social, etc… fose capaz de actuar precozmente sobre esta problemática colectiva?
¿Por qué non se realizou un estudo valorando as causas de por que un 60% dos nenos censados no concello non estan escolarizados no mesmo?
¿Por qué non se visitou a esas familias e se valoroú a situación persoal, tentando contrarestar as causas que motivaron a escolarización fora do concello? Claro, e máis fácil meter a cabeza na terra, quentar sillóns, e non querer ver os problemas dos demáis, xa se arreglarán, ¿ou quizáis será que o censo esta inflado con persoas que traballan no concello, pero viven noutras poboacións?

Valorando a situación persoal de moitas familias, buscándolles alternativas e incentivos quizáis non chegasemos a estes extremos. Dende logo a escolarización dos meus fillos non foi por capricho, e máis, en moitos casos a costa de perdas económicas e de calidade de vida. Niste sentido, os que moito sinalan, deberían entoar o mea culpa pola parte que lles toque, máis exame de conciencia e acto de contrición colectivo, para as administracións locais e os seus traballadores, sería un bo comenzo.

Eu a diferenza doutros, opino con liberdade, tampouco considero que teña a razón en exclusividade, nin moito menos, pero falo sen nengún tipo de constrición, nin política, nin ética nin moral, sen tapuxos. Se de verdade se quere rebatir a decisión da Consellería, e que non se converta nunha moratoria, a dous ou tres anos (a pesares de que a moitos, xa se lle solucionaría o problema) deberemos de facer política, si política e para o que non queira entender, “entendase por politica a rama da moral que se ocupa de la actividad, en virtud de la cual una sociedad libre, compuesta por personas libres, resuelve los problemas que le plantea su convivencia colectiva. Es un quehacer ordenado al bien común. Esquecede o partidismo político, esta e unha loita de apoios imparciais, pero sen sometemento, e que a folla de ruta pase inevitablemente por esixir o concello e o persoal técnico do mesmo, un cambio na política social, fomentando a participación, incentivando a aquelas familias máis prexudicadas pola distancia, polos medios económicos ou de conciliación da vida familiar. Promover novos asentamentos familiares, aportando medios e achegas. Atallar a desigualdade por factores xeograficos, sociais, culturais que tamén os hai etc …É primordial unha campaña de captación de matriculacións, sabendo vender o colexio ofertando actividades, instalacións, vendo sempre o lado bo, e poñendo a disposición do colexio tódolos medios dos que dispon o concello, tanto materiais como económicos (piscina, pabellón, actividades de verán…) ¡As inversións en educación non son cartos tirados!, hai que loitar contra a desidia dos obrigados a preservar e fomentar os nosos dereitos, recoñecer o problema de fondo e poñerlle remedio, que aínda o ten.

Se realmente se consegue unha política social na que se reflicta un cambio de futuro, posiblemente moitas familias se replantexen a escolarización sempre e cando sexamos capaces de cargar a balanza no prato dos pros, e non soio se quede enrrasada ou no dos contras.

De momento soio lle vímolas orellas o lobo, pero lexos de fuxir, hai que lle facer fronte. Tódolos problemas teñen o mesmo principio e o mesmo fin se non se atallan a tempo. Cambio de política e de actitude XA! Agora son moitas as familias afectadas directamente, fai un ano eramos outras as que pindurabamos dun fio o estar afectadas pola A-76, problema todavía latente que pode causar un importante despoboamento en varias parroquias do concello, e do que por certo, como cidadán e como veciño houbeseme gostado recibir máis apoios e ánimos anque foran testimoniais tanto das institucións como de moitos veciños do concello que nos deron as costas.

A experiencia di que A LOITA É DE TOD@S, os afectados e os non afectados, porque o problemas que hoxe é dunhas familias, maña será de outras. A loita soio ten unha dirección, non se pode dar tumbos como polo sen cabeza, este non e o legado que ninguen desexa para seus fillos. Eu como pai, quero o mellor para os meus. Coma todo pai. Polas circunstancias que sexan, hoxe estan escolarizados no CEIP de Mende, decisión legalmente amparada, e adoptada como menos mala de tódalas alternativas. Non todos temolas facilidades de poder vivir e traballar o pé do colexio cos beneficios que reporta para a conciliación da vida familiar. Tamén hai que saber poñerse un intre no pelexo dos demáis e non soio ver a palla no ollo alleo.

Para nada sinto que a miña decisión arrastrase ou traizoase a ninguén, pois é un dereito e un deber velar polos intereses dos nosos fillos. Sen acritude, mostro o meu apoio incondicional a calquer iniciativa colectiva para mellorar ou defender os dereitos de tod@s como cidadáns e veciños do concello de Nogueira de Ramuín.

Antonio Rguez. Forno Vello.

¿SOMOS INFERIORES OS QUE VIVIMOS NO RURAL?

Compartimos con tod@s vós esta carta-protesta que nos fan chegar e dende eiquí nos sumamos á loita das nais, pais, nenos e nenas do noso concello:

Como ben sabedes por outros escritos xa publicados, a Xefatura Territorial da Conselleria de Educación pretende reducir un ciclo en educación primaria no CEIP Plurilingüe de Luintra. Non somos os únicos pero a reflexión é a mesma para todos: si estas decisións se toman tendo en conta criterios de números, ¿por qué, en vez de suprimir ciclos nun colexio non se toman as medidas necesarias para que veñan máis nenos a eses colexios?.

O noso CEIP dispón dunhas instalación amplias que poderían albergar moitos máis nenos pero a Consellería permite que centros da cidade e arredores estén masificados namentres outros están incluso pendentes do peche. Non só a Consellería o permite senon que o promove, permitindo que se matriculen nenos de todas partes e proporcionando transporte escolar fora dos seus limites. ¿Qué é o que pretenden? ¿Sae máis barato pechar colexios que ter que ampliar outros? Claro, é millor facer clases de 30 nenos por curso porque asi aforramos profesores que cobran moito e atontamos aos rapaces.

A tan traída e levada propaganda das virtudes da vida no rural comenza por proporcionar servicios e entre eles está a EDUCACIÓN de CALIDADE para os nosos fillos en igualdade de condicións cos nenos de localidades máis poboadas porque non teñen menos dereitos por vivir no rural.

Creo que si somos todos iguais para pagar impostos, tamén para recibir servizos.

OS NOSOS NENOS NON SON NUMEROS, SON PERSOAS

NON AOS RECORTES NO CEIP DE LUINTRA

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN.

Ana Mª Alvarez Fariñas

CARTA DE PROTESTA POLOS RECORTES DA ANPA DO CEIP LUINTRA

Deixámosvos eiqui a carta de protesta polos recortes que nos fan chegar dende a Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilíngüe de Luintra:

Dende a Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilíngüe de Luíntra, queremos manifestar a nosa maior oposición ante calquera recorte que se practique na educación pública e máis concretamente no CEIP Plurilíngüe de Luíntra.

Temos coñecido que dende a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, preténdese suprimir no vindeiro curso un agrupamento en educación primaria no noso centro o que, segundo o noso punto de vista, poñerá a este colexio nunha situación de desigualdade e precariedade na educación ofertada aos nosos fillos e fillas.

Todos nós estamos a loitar por ter unha calidade na educación pública, xa que é a nosa aposta, a nosa elección, e o noso dereito. Facemos verdadeiros esforzos para que os nosos fillos e fillas teñan unha igualdade real con respecto a outros nenos e nenas que poden vivir en áreas urbanas. Deste xeito toda a comunidade educativa está a loitar por complementar as orientacións que parten da consellería: o claustro primeiramente, o concello de Nogueira de Ramuín, e a ANPA deste centro estamos a traballar en harmonía por una real igualdade de oportunidades, unha calidade na ensinanza, por ampliar a oferta en actividades extra escolares, en apoiar e reforzar a conciliación da vida familiar e laboral, e así facer más atractiva, a estancia e asistencia ao noso centro.

Isto pódese traducir nun mantemento, o incluso un aumento, de alumnos/as matriculados/as e tamén nun aumento das familias pertencentes a ANPA e que ascenden a máis do 80% das familias pertencentes a comunidade escolar.

En que nos afectaría a supresión desta agrupación? Directamente nunha baixada de calidade da ensinanza ofrecida, xa que ao noso modo de ver non sería viable ter a un alumno ou alumna de primeiro curso que está nun proceso de asimilación da lecto escritura, e outro alumno ou alumna de terceiro curso ao que se lle esixe ter unha maior asimilación de conceptos e afrontar a nova proba de avaliación. O mesmo ocorre cos alumnos e alumnas de cuarto curso con respectos aos de sexto, que ademais teñen na proba de avaliación un obstáculo para pasar á ESO.

En resumo, todos os alumnos e alumnas sairán prexudicados en canto ao nivel de contidos recibido, o que baixará notablemente as súas opcións de cara a un futuro.
Pero ademáis esta perda de agrupamento cremos que producirá unha baixada do número de alumnos e alumnas matriculados no centro, o que a medio prazo podería provocar o peche do colexio.

Isto é hipotecar o futuro dos nosos fillos e fillas e mesmo da vida no rural, e máis concretamente en Nogueira de Ramuín.

Debemos manter uns estándares de calidade na educación, xa que os nosos fillos e fillas son o futuro deste país. Dende a ANPA imos defender con uñas e dentes que estes mínimos se manteñan. Suprimir un agrupamento non garante que se poida manter este obxectivo e, por suposto, vémonos totalmente autorizados a utilizar calquera medio democrático e legal para impedir que se segan a tomar medidas deste tipo.

Esiximos un compromiso por parte da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de que non se farán efectivas este tipo de propostas e por outra banda poñémonos á súa disposición para traballar en prol dunha educación de calidade que reforce a continuidade da vida no rural.

Nogueira de Ramuín, 26 de maio de 2015.

A Presidenta da ANPA, Isabel Catia Pulido Álvarez.

A Secretaria da ANPA, Ana María Álvarez Fariñas.

logo anpaCorreo electrónico da ANPA: anpa.luintra@yahoo.es

Hoxe na prensa fanse eco tamén desta protesta (pincha nos titulares para ler):

logoFARODEVIGO

El Concello de Nogueira, contrario a la «decisión arbitraria» de reducir una unidad de Primaria en Luintra

La Anpa no descarta movilizaciones si se aprueba el agrupamiento de seis cursos en dos aulas

logo la voz

 

Padres de Luíntra, contra la posible supresión de aulas en el colegio público

El colegio tiene en la actualidad 56 alumnos.

¡¡¡¡ POR UN ENSINO DE CALIDADE NO NOSO CONCELLO!!!!