BENVIDOS AMIG@S DE NOGUEIRA

Nogueira de Ramuín é un Concello composto por 13 parroquias: Armariz, A Carballeira, Cerreda, Faramontaos, Loña do Monte, Luintra, Moura, Nogueira, Rubiacós, San Miguel do Campo, Santo Estevo, Vilar de Cerreda e Viñoás. Pequenos núcleos de poboación dispersos, repartidos ao longo duns 98,31 km². Aldeas separadas unhas das outras, que fan difícil, ás veces, polas súas condicións, o contacto e a unión entre os distintos veciños e veciñas do Concello.

Dende «Amigos de Nogueira», un pequeno grupo formado por xentes da zona, que esperamos vaia medrando conforme pase o tempo e do que vos invitamos a formar parte, gustaríanos tratar de mellorar as comunicacións existentes entre tod@s nós para, á súa vez, poder contribuír á mellora do noso Concello.

Este blogue nace pois co obxectivo de converterse nun espazo virtual que sexa un punto de encontro para tódalas xentes de Nogueira de Ramuín, un lugar no que atopar información sobre o Concello e as distintas parroquias que o conforman, e no que poder COMPARTIR.

Animámosvos a colaborar connosco na súa construcción. Envía información ou fotografías, escribe, pregunta, quéixate, expresa a túa opinión ou dúbidas, comenta… Tódalas achegas serán ben recibidas a través deste sitio ou do noso correo electrónico: amigosdenogueira@gmail.com.  Xuntos, crearemos unha boa canle de participación que permitirá coñecer máis de preto o noso Concello e estar en contacto permanente.

Damosvós a benvida a tod@s, amig@s de Nogueira!

ADN 72ppp