O ALCALDE DE NOGUEIRA DE RAMUÍN ACÓLLESE AO DEREITO A NON DECLARAR

O Alcalde de Nogueira de Ramuín e candidato á reelección, César Parente, hoxe na prensa trala citación nos xulgados de Lugo para declarar pola acusación de suposto amaño no concurso do catamarán da Ribeira Sacra xunto coa secretaria do Concello, Maria del Carmen Limia:

El alcalde de Nogueira de Ramuín se acoge al derecho a no declarar en el caso Cóndor  El alcalde de Nogueira se acoge a su derecho a no declarar ante la jueza Pilar de Larahttps://i0.wp.com/elprogreso.galiciae.com/sites/all/themes/galiciae/img/progreso.png

El alcalde de Nogueira de Ramuín se niega a declarar en el caso Cóndor _ El Progreso2

O ALCALDE E A SECRETARIA DO CONCELLO IMPUTADOS POLO CONCURSO DO CATAMARÁN

Nova de onte en El País, Edición Galicia: O Alcalde e a Secretaria do Concello imputados por presunto delito de amaño no concurso público do catamarán.

La juez de la Cóndor imputa al alcalde de Nogueira de Ramuín _ Galicia _ EL PAÍSHoxe tamén na Voz de Galicia «El Alcalde de Nogueira de Ramuín imputado en el caso de las concesiones a Monbús»http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/05/09/alcalde-nogueira-ramuin-imputado-concesiones-monbus/0003_201505G9P16994.htm

CRÓNICA DO PLENO DO CONCELLO DO 24 ABRIL 2015

O pasado venres 24 de abril, celebrouse no noso concello un «pleno extraordinario» no que o primeiro que chamaba a atención era a súa extensa orde do día (incluíndo a proposta para a aprobación de varias concesións de servizos) sobre todo tendo en conta que estamos a un mes da celebración das eleccións municipais…
Outra cousa sorprendente foi que o salón de plenos case se queda pequeno pola grande afluencia de público asistente, entre o que se atopaba ata o ex-alcalde, varios veciños e algúns traballadores do concello… ¡Así tiña que ser sempre! non coma nos anteriores que estabámos tres na sala… A nós parécenos moi importante que a xente acuda aos plenos sempre que poida, posto que neles tómanse decisións que nos repercuten a todos.

Sobre algúns dos puntos que se trataron que nos pareceron relevantes:

– Aprobouse a liquidación de contas do 2014, a favor tódolos concelleiros do PP, en contra as concelleiras de PSOE e BNG. Do 2014 eran os pagos das facturas que a sra.secretaria autorizou supostamente ás súas propias empresas.

– Acordouse nomear fillo predilecto a D. Félix Rodríguez Domínguez, fundador de FERAMA, votos a favor PP e PSOE, abstención BNG.

– Aprobouse unha prórroga por 10 anos para a xestión da auga a GESECO, a favor tódolos concelleiros do PP, en contra as concelleiras da oposición. O Alcalde alabou a xestión que está a facer esta empresa co servizo de augas do concello, motivo polo que votaron prorrogar o contrato. A concelleira do PSOE en base aos datos do informe técnico indicou que tal prórroga xa fora acordada polo Alcalde fai un ano cun representante da empresa, feito que segundo comentou, podería ser unha ilegalidade, posto que tal decisión tiña que terse tomado en pleno xa na data e ter licitado o concurso. De ahí os seus votos en contra.

– Aprobouse a caducidade do expediente do pantalán do catamarán, que nestos momentos está sendo obxecto dunha investigación xudicial por suposto amaño no concurso (ver a información premendo eiquí).

– A sra. concelleira do PSOE presentou unha moción na que pedía transparencia no concello que foi votada en contra.

Ao final do pleno a sra.secretaria do concello recoñeceu que a información que saíra na prensa sobre ela e as facturas autorizadas era verdade, pero matizou que os datos económicos non eran os exactos (Premede eiquí para ler a nota de prensa da que falamos).
O dito, foi un pleno moi interesante que reflexou claramente cómo funciona o noso concello.
¡ANIMÁMOSVOS A TODOS A ACUDIR AO PRÓXIMO!

ENTREVISTA AO TENIENTE ALCALDE SOBRE «TURISMO FLUVIAL E NATUREZA» en Nogueira de Ramuín

O pasado xoves o Teniente Alcalde de Nogueira, Raúl Soto, participou nunha interesante entrevista no programa «La Ventana de Ourense» de Radio Ourense Cadena Ser impulsado polo Polígono Virtual de Galicia sobre «Turismo de natureza e fluvial» xunto cos Alcaldes de Parada de Sil e Castrelo de Miño, Francisco Majide e Xurxo Rodríguez, coincidindo coa declaración do Concello de Parada como «municipio de interese turístico galego» pola Xunta, unha condición coa que xa contaba Nogueira de Ramuín. Os dous concellos, como xa sabedes, forman parte do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e comparten a nivel turístico bastantes puntos fortes en común.

No que respecta a Nogueira, o Teniente Alcalde salientou na entrevista as «dúas xoias» turísticas coas que contamos no Concello como son o Parador de Santo Estevo e o catamarán do Sil. En canto ao uso das tecnoloxías para a captación de novos turistas, Raúl Soto recoñeceu que nese ámbito, o Concello está bastante «floxo» (sobre todo en comparación cos outros concellos). Simplemente «contamos coa Oficina Virtual do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra (que é tamén cousa dos demáis municipios do Consorcio) que moita xente nin sabe da súa situación, nin existencia, nin como se usa» segundo dixo. En canto aos proxectos de futuro, resaltou que habería que dar a coñecer e manter esta Oficina Virtual, e apoiou a idea que propuxo o Alcalde de Parada de traballar de forma conxunta para facer do catamarán como un autobús turístico con paradas, que permitan que as experiencias queden nos establecementos da zona. O teniente alcalde dixo ademáis que él «nota que a xente ven, e en dous horas pode marchar tranquilamente». De maneira que, o importante para Concello agora sería «potenciar as 3-4 cousas que temos e darlles contido».

Os representantes políticos dos tres Concellos coincidiron ademáis en que as novas tecnoloxías son CLAVE para o turismo das distintas zonas, sobre todo no caso de Nogueira e Parada tendo en conta a aposta que se está a levar a cabo en ambos lugares pola declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Como opinión persoal de ADN, vista e escoitada a entrevista, dicir que, polo que a nós respecta, pensamos que hai moitas máis cousas no Concello que 3 ou 4 dignas de ter en conta, e que poderían ser un reclamo turístico importante para Nogueira. Coincidimos eso sí na idea de que, é totalmente necesario apostar polo uso de novas tecnoloxías e colaborar con outros Concellos coma neste caso o veciño de Parada para impulsar conxuntamente o turismo da zona.

E vós, ¿ Qué opinades do Turismo en Nogueira? ¿Qué cousas credes que se poden mellorar neste ámbito?

Deixámosvos eiquí o vídeo da entrevista para que poidades valorar e dar a  vosa opinión: