PLENO ORDINARIO VENRES 28 OUTUBRO ÁS 9:30 HORAS

Este venres día 28 de outubro de 2016 ás 9:30 horas hai convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal. Deixámosvos eiqui á orde do día para o voso coñecemento e por si tivesedes interese en asistir:

 ORDE DO DÍA

1º.- Acta anterior. (29/08/2016).

2º.- Dar conta da modificación da liquidación 2015.

3º.- Aprobación definitiva da modificación de créditos nº 2/2016.

4º.- Aprobación plan económico financeiro.

5º.- Aprobación Conta xeral 2015.

6º.- Ratificación modificación Estatutos Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

7º.- Calendario laboral 2017.

8º.- Renuncia concelleiro do PSdeG-PSOE.

9º.- Exencións e bonificacións varias.

10º.- Pedimentos de persoal.

11º.- Mocións.

12º.- Rogos e preguntas.

CRÓNICA DO PLENO DO 30 DE OUTUBRO DE 2015

O pasado venres 30 de outubro de 2015 houbo pleno no concello. Eiquí o resumo do que aconteceu no mesmo, seguindo cos puntos da orde do día:

1º- Apróbase a acta do pleno anterior (31/07/2015) por unanimidade.

2º- Apróbase por maioría a conta xeral do 2014, 2 votos en contra do PSdG-PSOE.

3º- Dase conta ao pleno das modificacións de crédito.

4º- Aprobación da modificación nº7/2015 por valor de 87.000 euros, en contra 2 votos do PSdG-PSOE.

5º- Os 87.000 euros anteriores irán para pagar facturas do lixo e auga pendentes do 2012 e o bombeo de Melias do 2014. 2 votos en contra do PSdG-PSOE.

6º- Por axilidade proponse dende o equipo de goberno dúas persoas para ocupar o posto de Xuíz de Paz e sustituto non habéndose presentado nadie ao proceso aberto que houbo. Apróbase a proposta por unanimidade.

7º- Aprobación por unanimidade calendario laboral. Festas locais San Roque e San Martiño.

8º- Aprobación por unanimidade das exencións e bonifiacións varias.

9º- Solicitude para ampliación da granxa de galiñas de San Miguel. Apróbase por maioría denegar a licenza de obra e actividade, 2 abstencións do PSdG-PSOE.

10º – Resolución do Expediente do Pantalán de Santo Estevo. Acórdase por maioría declarar o concurso deserto. 2 votos en contra do PSdG-PSOE que pide que se saque da orde do día este punto por incumplimento do reglamento a falta dun informe ao respecto.

11º-  inicio da contratación do pantalán. 2 votos en contra do PSdG-PSOE.

12º- Aprobación  por unanimidade para a unificación das terrazas.

Rogos e Preguntas:
A oposición pregunta sobre que xestións se están a facer dende o Concello para solventar os problemas das conexións a Internet. En parroquias coma a Carballeira falla ademáis a sinal de TV segundo comentaron. Solicitan se poña os medios necesarios para mellorar as telecomunicacións do Concello. Fálase tamén do tema do CEIP Luintra que sigue estando na mesma situación.