OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO

exterior_01_57

Foto de Paradores

O concello de Nogueira de Ramuín saca a licitación estes días o proxecto básico e de execución de acondicionamento do entorno do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, realizado polo arquitecto César Portela.

A forma de adxudicación do contrato será por procedemento aberto no que todo empresario interesado poderá facer a súa proposición ata o 25 de xuño do 2015, día no que finaliza o prazo de presentación das mesmas. Os criterios de adxudicación serán en base á oferta económicamente máis vantaxosa e outros que se recollen no prego de condicións dispoñible no perfil do contratante do concello.

Segundo recollía o Faro de Vigo o pasado día 12 de xuño, con este proxecto, o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente, dí se «pretende realizar certas actuacións que permitan seguir mantendo o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil entre os mellores da rede de Paradores.»

Algunhas das actuacións a realizar serían: recuperar a imaxe exterior da praza renovando a vexetación, acondicionar o actual mirador e crear outro nunha zona máis elevada, recolocar pedras movidas, colocar novos bancos, reparar a rede de sumidoiros que están realizadas en pedra, delimitar prazas de aparcamento para minusválidos e pavimentar e mellorar accesos.

As obras alcanzarán un importe estimado de 123.000 €.

 

O ALCALDE E A SECRETARIA DO CONCELLO IMPUTADOS POLO CONCURSO DO CATAMARÁN

Nova de onte en El País, Edición Galicia: O Alcalde e a Secretaria do Concello imputados por presunto delito de amaño no concurso público do catamarán.

La juez de la Cóndor imputa al alcalde de Nogueira de Ramuín _ Galicia _ EL PAÍSHoxe tamén na Voz de Galicia «El Alcalde de Nogueira de Ramuín imputado en el caso de las concesiones a Monbús»http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/05/09/alcalde-nogueira-ramuin-imputado-concesiones-monbus/0003_201505G9P16994.htm