«O DÍA DESPOIS» CRÓNICA POSTELECTORAL DUN VECIÑ@ DE NOGUEIRA

Deixamovos eiquí un escrito post electoral que nos envía un veciñ@ de Nogueira de Ramuín:

O DÍA DESPOIS…

Polo visto, a un 61% dos votantes nas pasadas eleccións municipais do concello de Nogueira de Ramuín, non lles importou demasiado, nin lles tremeu a man a hora de validar a xestión e dar o seu consentemento para que durante 4 anos máis, siga xestionando os nosos cartos un partido investigado por malversación de caudais públicos, tráfico de influencias, falsificación documental … e deus sabe con qué máis nos sorprenderán nos próximos capítulos deste culebrón amateur.

Qué dicir do Mandamáis, que chamado a declarar como imputado nunha peza da operación cóndor por ilegalidades na contratación do catamarán, ¡negase a declarar!. Pois sí, é verdade que está no seu dereito, pero de cara á opinión pública, non queda en moi bo lugar. O que entende calquer mortal, é un intento de se escudar ou zafarse na súa responsabilidade, amén da falta manifesta de colaboración ca xustiza. Sóame a “Costa Concordia”, e outra vez a falta de ética e pundonor, da por boa a premisa, sálvese quen poda. Non vou ser eu quen o xuzgue, pero a cousa fede, e fede arreo, xa non hai perfume que o disimule por moito que se empeñen.

Na xornada electoral, viuse de todo e máis do mesmo. Carrexo de votos, malos modos, coaccións activas e pasivas, e incluso houbo quen se atreveu a recurrir a prácticas barriobaixeiras propias da camorra, asoballando e ameazando directamente a quen lles advertiu que estaban a cometer accións ilegais, raiando perigosamente o delito.

Estes energúmenos a soldo, non se decatan do dano que lle fan o seu partido. O único que consiguen e acrecentar e consolidar a fama de política caciquil e de “casta rural” que galardona a este concello. Tarde vexo que poidan quitarse este “Sambenito”.

¿Quén vai dudar, a estas alturas, das irregularidades e tropelías que se cometeron e cometen no concello, cando recurren a este tipo de prácticas ilegais sen ningún tipo de pudor, por un puñado de votos? ¿Qué se pode esperar dun partido no que o seu gurú D. JL. Baltar, alá polo 2009 se vanagloriaba públicamente da sua intelixencia o darlle o cambiazo dos sobres electorais a una parella de anciáns dos que sospeitaba que non ían votarlle? ¿Para qué van cambiar una política por impropia, reprochable e inaceptable que sexa, se lles leva funcionando 30 anos? Esta é a esencia democrática que une a algunhas persoas, e fainas sentirse orgullosas dos seus ideais en pleno seculo XXI. Uns son incapaces de ver máis alá do seu embigo, fáltalles valor para quitarse o xugo o que están atados, outros aspiran a seren enxugados, e outros oportunistas prefiren subirse o carro e beneficiarse do traballo sucio. Tamén hai, como todo neste mundo, quen anda por ver andar.

Algo cambiar, cambiaron. Os coches das carretaxes, nun burdo intento por se camuflaren, rotaron as parroquias, tratando de que o carreteiro pasase desapercibido. Pero claro, os carretados eran os de sempre, craso erro. Para aforrar en desprazamentos e pola incomodidade das cadeiras de rodas, os avós da residencia de anciáns, votaron por correo. Tanto discapacitados como enfermos de Alzheimer. Feito repugnante e deleznable impropio de xente civilizada, que atenta directamente contra a dignidade e o respeto as persoas maiores. Que vileza! Tratalos coma bonecos de trapo, coma un número de DNI, un voto, unha peza mais da engranaxe que sustenta a maquinaria do poder corrupto.

A máquina, vai vella. Quedou obsoleta. Chirría e comenza a roxir. Xa non hai xamóns nen touciños que a engrasen. Eran tempos.

Son tempos de escomenzar a cambiar, pouco a pouco. Exisir que as cousas se fagan ben, con consenso, transparencia, igualdade e equidade para todos. Propoño autocrítica. Reconforta a alma, relaxa a ansiedade e tranquiliza conciencias atormentadas. Próbeno. Non perdan o tempo en conxuras nin caza de bruxas, o feito feito esta, céntrense no ben común e poñanse a traballar.

Catrocentos setenta veciñ@s votaron por un cambio. Un cambio que afecta a todos, e que é posible. Sr. Alcalde, Concellais, teñan conciencia de país, traballen en común, olvídense de intereses particulares e partidistas, e comenzen a xestionar por e para tod@s os veciñ@s, que así o queremos e decidimos.

SALTANCHISPAS

Recordade que podedes contribuír e participar no noso blogue enviando escritos, opinións, propostas, ideas, fotografías, ou comentarios etc. a nosa dirección de correo electrónico: amigosdenogueira@gmail.com.  Grazas!

RESULTADOS ELECTORAIS 2015 NOGUEIRA DE RAMUÍN

 

Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - Ourense - Nogueira de Ramuín 2015

Fonte: Ministerio del Interior

 

  • MESA DE A PENALBA

102 PP

51 PSdeG-PSOE

25 BNG

3 NULOS

  • MESA DE A RASA-LOUREIRO

164 PP

65 PSdeG-PSOE

16 BNG

6 BLANCO

19 NULOS

  • MESA DE LUINTRA

294 PP

124 PSdeG-PSOE

34 BNG

11 BLANCOS

7 NULOS

  • MESA DE ARMARIZ

117 PP

51 PSdeG-PSOE

20 BNG

10 BLANCO

8 NULOS

  • MESA DE FARAMONTAOS

206 PP

59 PSdeG-PSOE

23 BNG

10 BLANCO

15 NULOS

DENUNCIAS DE CARREXOS NO CONCELLO:

http://www.lavozdegalicia.es/video/ourense/2015/05/24/denuncia-carrexo-electores-nogueira-ramuin-ourense/0031_2015054253899867001.htm