A VECIÑANZA ARRANXA OS CAMIÑOS PÚBLICOS ANTE A PASIVIDADE DO CONCELLO

Recibimos estas instantáneas xunto con queixas dende a Penalba, na parroquia de Viñoás, onde esta fin de semana os veciños acometeron obras para arranxar o camiño que sobe ata a Ferreirúa ante a pasividade no mantemento por parte do Concello e a proximidade das súas festas que se inician hoxe coa andaina das adegas. Segundo comentan, xa o ano pasado por estas datas tiveron que arranxar eles mesmos o acceso e a entrada o Campo da Festa da localidade.

O camiño transitado a diario por viandantes e vehículos, presenta fendas importantes nalgunhas zonas, que xa teñen provocado certos incidentes e preocupación por parte da veciñanza. Do mesmo xeito o firme do campo ten un estado lamentable, como se puido comprobar xa no 2011, ano en que segundo din se presentaron as primeiras queixas acompañadas de fotografías no Concello onde o persoal que os atendeu lles asegurou que se tomarían medidas ao respecto… Dende enton, son varios os escritos que teñen remitido tanto dende a asociación de veciños/as como dende a Comisión de Festas e a nivel particular sen obter apenas resposta.

Menos mal que neste Concello temos veciñ@s unid@s e traballadores/as que se preocupan de limpar e acondicionar as nosas vías para o disfrute e mesmo a seguridade de tod@s. Que llo digan aos de Móvete por Nogueira, aos da Penalba, de Moura, de Luintra, da Carballeira, Armariz, Loña… e a outros veciñ@s das distintas parroquias de Nogueira de Ramuín, que codo con codo fan cousas coma estas:

IMG-20160822-WA0001 IMG-20160822-WA0002 IMG-20160822-WA0003 IMG-20160822-WA0004 IMG-20160822-WA0005

DESPRENDEMENTO DUN ESCARPE DA N120-A NA PARROQUIA DA CARBALLEIRA

Na reunión celebrada o pasado sábado unha das preocupacións máis destacadas pola veciñanza foi o pésimo estado da carretera N120A (antiga C546) e a falta de mantemento e de seguridade das súas cunetas e escarpes.

En menos de vintecatro horas da xuntanza as palabras dun veciño cumplíronse completamente xa que como el ben advertíu había un perigo inminente de desprendemento dunha ladeira na N120A á altura da aldea de Vilanova.

Desde ADN somos conscientes de que estos días está caíndo unha grande cantidade de auga, que medran os regueiros dun xeito espectacular e que a orografía da ribeira pode facer que se produzan iste tipo de situacións. Mais do mesmo xeito, estamos convencidos de que un bo mantemento da estrada e unha maior atención e implicación das distintas Administracións competentes podería, senón evitar completamente, polo menos reducir dun xeito importante que sucedan feitos como este.

Por iso, hoxe faise máis necesario que nunca lembrar que desde ADN imos promover a proposta formulada polos veciños e veciñas para que sexa levada a Pleno unha moción donde se inste ao Concello que de xeito inmediato faga as xestións necesarias para reclamar o arranxo e o correto mantemento da estrada ao Organismo competente.

Imaxes do desprendemento en Vilanova:

IMG-20160112-WA0009 IMG-20160112-WA0008 IMG-20160112-WA0007

Por outra banda, outro dos graves efectos do temporal destes días foi a escorrentía dunha ladeira fronte o lugar de A Ferreirua provocada pola deficiente mantemento de gateiras e canalizacións da estrada Ou-555 que produciu importantes destrozos en distintas fincas e sobre todo na área recreativa do muíño e forno de A Penalba.

Imaxes do desbordamento do regueiro na Penalba estes días :

IMG-20160110-WA0003 IMG-20160110-WA0009 IMG-20160110-WA0007 IMG-20160110-WA0013