CARTA DE PROTESTA POLOS RECORTES DA ANPA DO CEIP LUINTRA

Deixámosvos eiqui a carta de protesta polos recortes que nos fan chegar dende a Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilíngüe de Luintra:

Dende a Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilíngüe de Luíntra, queremos manifestar a nosa maior oposición ante calquera recorte que se practique na educación pública e máis concretamente no CEIP Plurilíngüe de Luíntra.

Temos coñecido que dende a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, preténdese suprimir no vindeiro curso un agrupamento en educación primaria no noso centro o que, segundo o noso punto de vista, poñerá a este colexio nunha situación de desigualdade e precariedade na educación ofertada aos nosos fillos e fillas.

Todos nós estamos a loitar por ter unha calidade na educación pública, xa que é a nosa aposta, a nosa elección, e o noso dereito. Facemos verdadeiros esforzos para que os nosos fillos e fillas teñan unha igualdade real con respecto a outros nenos e nenas que poden vivir en áreas urbanas. Deste xeito toda a comunidade educativa está a loitar por complementar as orientacións que parten da consellería: o claustro primeiramente, o concello de Nogueira de Ramuín, e a ANPA deste centro estamos a traballar en harmonía por una real igualdade de oportunidades, unha calidade na ensinanza, por ampliar a oferta en actividades extra escolares, en apoiar e reforzar a conciliación da vida familiar e laboral, e así facer más atractiva, a estancia e asistencia ao noso centro.

Isto pódese traducir nun mantemento, o incluso un aumento, de alumnos/as matriculados/as e tamén nun aumento das familias pertencentes a ANPA e que ascenden a máis do 80% das familias pertencentes a comunidade escolar.

En que nos afectaría a supresión desta agrupación? Directamente nunha baixada de calidade da ensinanza ofrecida, xa que ao noso modo de ver non sería viable ter a un alumno ou alumna de primeiro curso que está nun proceso de asimilación da lecto escritura, e outro alumno ou alumna de terceiro curso ao que se lle esixe ter unha maior asimilación de conceptos e afrontar a nova proba de avaliación. O mesmo ocorre cos alumnos e alumnas de cuarto curso con respectos aos de sexto, que ademais teñen na proba de avaliación un obstáculo para pasar á ESO.

En resumo, todos os alumnos e alumnas sairán prexudicados en canto ao nivel de contidos recibido, o que baixará notablemente as súas opcións de cara a un futuro.
Pero ademáis esta perda de agrupamento cremos que producirá unha baixada do número de alumnos e alumnas matriculados no centro, o que a medio prazo podería provocar o peche do colexio.

Isto é hipotecar o futuro dos nosos fillos e fillas e mesmo da vida no rural, e máis concretamente en Nogueira de Ramuín.

Debemos manter uns estándares de calidade na educación, xa que os nosos fillos e fillas son o futuro deste país. Dende a ANPA imos defender con uñas e dentes que estes mínimos se manteñan. Suprimir un agrupamento non garante que se poida manter este obxectivo e, por suposto, vémonos totalmente autorizados a utilizar calquera medio democrático e legal para impedir que se segan a tomar medidas deste tipo.

Esiximos un compromiso por parte da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de que non se farán efectivas este tipo de propostas e por outra banda poñémonos á súa disposición para traballar en prol dunha educación de calidade que reforce a continuidade da vida no rural.

Nogueira de Ramuín, 26 de maio de 2015.

A Presidenta da ANPA, Isabel Catia Pulido Álvarez.

A Secretaria da ANPA, Ana María Álvarez Fariñas.

logo anpaCorreo electrónico da ANPA: anpa.luintra@yahoo.es

Hoxe na prensa fanse eco tamén desta protesta (pincha nos titulares para ler):

logoFARODEVIGO

El Concello de Nogueira, contrario a la «decisión arbitraria» de reducir una unidad de Primaria en Luintra

La Anpa no descarta movilizaciones si se aprueba el agrupamiento de seis cursos en dos aulas

logo la voz

 

Padres de Luíntra, contra la posible supresión de aulas en el colegio público

El colegio tiene en la actualidad 56 alumnos.

¡¡¡¡ POR UN ENSINO DE CALIDADE NO NOSO CONCELLO!!!!

CAMPAMENTOS DE VERÁN NO CONCELLO

ENGLISH CAMP Peares 

11265394_447747062061159_7333759405750976180_o

Campamento subvencionado polos concellos de Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Carballedo e Ferreira de Pantón cun custo de 180 € para empadroados e 280 € para non empadroados. As datas serán do 19 ao 26 de Xullo. Poderán asistir nenos de entre 9 e 16 anos.  
Info. e inscricións no Dpto. Cultura do Concello (988 201 525)

CAMPAMENTO URBÁN Nogueira de Ramuín

21888_447747118727820_5547244901210442236_n
Idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
Xuño, Xullo, Agosto e Setembro de 9:00 a 14:00 h.
Posibilidade de comezar as 8:00 h. (consultar)
Data límite de inscrición ata o 14 de xuño para os que vaian en xuño/xullo.
Prezo individual por semana: 45€ (consultar outras modalidades)
Info. e inscricións no Dpto. Cultura do Concello (988 201 525)

Información extraída da páxina web e Facebook do Concello.