PLENO VENRES 31 DE XULLO ÁS 9:30 HORAS

Este próximo venres 31 de xullo ás 9:30 horas toca sesión ordinaria do Pleno da Corporación.

Deixámosvos eiquí a orde do día e invitámosvos a tod@s a asistir ao Pleno!

ORDE DO DÍA

1º- Acta anterior.

2º- Consello territorial da propiedade inmobiliaria: Representantes.

3º- Acordo alumnos infantil e primaria.

4º- Mocións.

5º- Rogos e preguntas.

II CONCURSO FOTOGRÁFICO «UN AGASALLO PRETO DE TI»

 

11174480_443354072500458_6497091508073081255_o

En marcha a 2º edición do Concurso de Fotografía «Un agasallo preto de ti» de Nogueira de Ramuín, promovido polo Departamento de Cultura do Concello co obxectivo de «resaltar o patrimonio natural e artístico deste municipio dende a perspectiva dos participantes, e transmitir esa riqueza patrimonial que caracteriza a este privilexiado encrave no corazón da Ribeira Sacra».

O prazo de presentación de fotografías é ata o 31 de xullo de 2015. Póderanse presentar un máximo de 3 fotos orixinais e inéditas por participante en cor ou blanco e negro sen alteracións nin fotomontaxes indicando o lugar no que foron tomadas.

Cada imaxe enviarase por correo electrónico a: cultura_nogueiraderamuin@hotmail.com en formato jpeg, tamaño mínimo 1024×768 e peso máximo do arquivo 5Mb. Título do correo: «II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN «UN AGASALLO PRETO DE TI» podendo incluir texto explicativo breve.

O xurado estará composto por membros do departamento de cultura do concello. Os premios son os que aparecen no cartel anunciador. As fotos pasarán a ser propiedade do concello e publicaránse os gañadores na web do concello e no Facebook.

Podedes consultar estas bases premendo eiquí:

Haz clic para acceder a BASES_CONCURSO_FOTOGRAFICO.pdf

ou na páxina web do concello.

Para máis información:

Departamento de Cultura do Concello de Nogueira de Ramuín

Teléfono: 988 201 023

Correo electrónico: cultura_nogueiraderamuin@hotmail.com

 

MAIOS 2015 EN NOGUEIRA DE RAMUÍN E OURENSE

O pasado venres 1 de maio, Día do Traballador, celebrouse no Concello de Nogueira de Ramuín a Festa dos Maios. Houbo un total de tres maios participantes instalados na Praza do Afiador de Luintra. O noso favorito o do carro, vaia traballiño que fixeron os maiores da residencia do noso concello!!!! Os outros dous tamén moi bonitos, feitos polo Departamento de Cultura. Eiquí vos deixamos algunhas fotografías que tomamos por se non tivestedes oportunidade de achegarvos a velos:

E o noso concello tamén tivo unha pequena representación na Festa dos Maios de Ourense. A A.A.V.V. Pedra Blanca de Penalba e Viñoás participou na categoría de maio artístico de adultos e maio enxebre infantil no concurso «Aí ven o Maio» que se celebrou na Alameda de Ourense no día de onte, onde estiveron cantando as súas coplas. Eiquí tedes tamén algunhas fotos que nos fan chegar dende a asociación:

Para o ano que vén máis e mellor!!!

BENVIDOS AMIG@S DE NOGUEIRA

Nogueira de Ramuín é un Concello composto por 13 parroquias: Armariz, A Carballeira, Cerreda, Faramontaos, Loña do Monte, Luintra, Moura, Nogueira, Rubiacós, San Miguel do Campo, Santo Estevo, Vilar de Cerreda e Viñoás. Pequenos núcleos de poboación dispersos, repartidos ao longo duns 98,31 km². Aldeas separadas unhas das outras, que fan difícil, ás veces, polas súas condicións, o contacto e a unión entre os distintos veciños e veciñas do Concello.

Dende «Amigos de Nogueira», un pequeno grupo formado por xentes da zona, que esperamos vaia medrando conforme pase o tempo e do que vos invitamos a formar parte, gustaríanos tratar de mellorar as comunicacións existentes entre tod@s nós para, á súa vez, poder contribuír á mellora do noso Concello.

Este blogue nace pois co obxectivo de converterse nun espazo virtual que sexa un punto de encontro para tódalas xentes de Nogueira de Ramuín, un lugar no que atopar información sobre o Concello e as distintas parroquias que o conforman, e no que poder COMPARTIR.

Animámosvos a colaborar connosco na súa construcción. Envía información ou fotografías, escribe, pregunta, quéixate, expresa a túa opinión ou dúbidas, comenta… Tódalas achegas serán ben recibidas a través deste sitio ou do noso correo electrónico: amigosdenogueira@gmail.com.  Xuntos, crearemos unha boa canle de participación que permitirá coñecer máis de preto o noso Concello e estar en contacto permanente.

Damosvós a benvida a tod@s, amig@s de Nogueira!

ADN 72ppp