PLENO ORDINARIO VENRES 28 OUTUBRO ÁS 9:30 HORAS

Este venres día 28 de outubro de 2016 ás 9:30 horas hai convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal. Deixámosvos eiqui á orde do día para o voso coñecemento e por si tivesedes interese en asistir:

 ORDE DO DÍA

1º.- Acta anterior. (29/08/2016).

2º.- Dar conta da modificación da liquidación 2015.

3º.- Aprobación definitiva da modificación de créditos nº 2/2016.

4º.- Aprobación plan económico financeiro.

5º.- Aprobación Conta xeral 2015.

6º.- Ratificación modificación Estatutos Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

7º.- Calendario laboral 2017.

8º.- Renuncia concelleiro do PSdeG-PSOE.

9º.- Exencións e bonificacións varias.

10º.- Pedimentos de persoal.

11º.- Mocións.

12º.- Rogos e preguntas.

PLENO ORDINARIO 20 XULLO 2016 ÁS 9:30 HORAS

O próximo mércores 20 de xullo de 2016 ás 9:30 hai convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte orde do día:

1º.- Dar conta Modificacións de créditos núms: 16, 17,18/2015.

2º.- Desestimento do procedemento de contratación da xestión de servizo público de Explotación do servizo de catamarán e do edificio multiusos, expediente 82/2014.

3º.- Modificación Orzamentaria nº2/2016.

4º.- Expediente investigación camiño de Vertelo (Viñoás).

5º.- Convenio marco de cooperación relativo á inspección de tributos municipais do período 2016/2019.

6º.- Mocións.

7º.- Rogos e preguntas.

Animádevos a asistir.

 

 

PLENO ORDINARIO MÉRCORES 27 DE ABRIL ÁS 9:30 HORAS

Convocase pleno da corporación municipal, sesión ordinaria o próximo mércores 27 de abril ás 9:30. Deixámosvos eiquí a orde do día e invitámosvos a tod@s a achegarvos a Sala de Plenos do Concello para ver como se tratan todos estes temas:

Acta anterior (11/03/2016).

Orzamento 2016.

Dar conta da Liquidación 2015 e do informe de estabilidade orzamentaria e regla de gasto.

Dar conta do período medio de pago 1T, 2T, 3T e 4T 2015.

Dar conta dos informes do plan de axuste 1T, 2T, 3T e 4T 2015.

Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2016.

Plans orzamentarios a medio prazo 2017-2019 de Entidades Locais.

Padróns cobratorios IBI, BICES, IVTM, VAOS, LIXO, ABASTECEMENTO E SANEAMENTO.

Expediente investigación camiño de Vertelo.

10º Expediente cesión Escola Penalba.

11º Expediente cesión Escola Rubiacós.

12º Expediente granxa San Miguel.

13º Dar conta dos pedimentos de persoal.

14º Exencións e bonificacións varias.

15º Resolucións da Alcaldía.

16º Mocións.

17º Rogos e preguntas.

CRÓNICA DO PLENO DO 30 DE OUTUBRO DE 2015

O pasado venres 30 de outubro de 2015 houbo pleno no concello. Eiquí o resumo do que aconteceu no mesmo, seguindo cos puntos da orde do día:

1º- Apróbase a acta do pleno anterior (31/07/2015) por unanimidade.

2º- Apróbase por maioría a conta xeral do 2014, 2 votos en contra do PSdG-PSOE.

3º- Dase conta ao pleno das modificacións de crédito.

4º- Aprobación da modificación nº7/2015 por valor de 87.000 euros, en contra 2 votos do PSdG-PSOE.

5º- Os 87.000 euros anteriores irán para pagar facturas do lixo e auga pendentes do 2012 e o bombeo de Melias do 2014. 2 votos en contra do PSdG-PSOE.

6º- Por axilidade proponse dende o equipo de goberno dúas persoas para ocupar o posto de Xuíz de Paz e sustituto non habéndose presentado nadie ao proceso aberto que houbo. Apróbase a proposta por unanimidade.

7º- Aprobación por unanimidade calendario laboral. Festas locais San Roque e San Martiño.

8º- Aprobación por unanimidade das exencións e bonifiacións varias.

9º- Solicitude para ampliación da granxa de galiñas de San Miguel. Apróbase por maioría denegar a licenza de obra e actividade, 2 abstencións do PSdG-PSOE.

10º – Resolución do Expediente do Pantalán de Santo Estevo. Acórdase por maioría declarar o concurso deserto. 2 votos en contra do PSdG-PSOE que pide que se saque da orde do día este punto por incumplimento do reglamento a falta dun informe ao respecto.

11º-  inicio da contratación do pantalán. 2 votos en contra do PSdG-PSOE.

12º- Aprobación  por unanimidade para a unificación das terrazas.

Rogos e Preguntas:
A oposición pregunta sobre que xestións se están a facer dende o Concello para solventar os problemas das conexións a Internet. En parroquias coma a Carballeira falla ademáis a sinal de TV segundo comentaron. Solicitan se poña os medios necesarios para mellorar as telecomunicacións do Concello. Fálase tamén do tema do CEIP Luintra que sigue estando na mesma situación.

PLENO EXTRAORDINARIO VENRES 24 ÁS 9:30 HORAS

Convocado Pleno Extraordinario do Concello para este venres 24 de abril ás 9:30 horas.

Animámosvos a tódolos veciños e veciñas de Nogueira de Ramuín a asistir!!!!!

Orde do Día:

1º Acta anterior.

2º Dar conta do período medio de pagamento a proveedores 3º e 4º trimestre.

3º Dar conta da remisión datos seguimento Plan de Axuste.

4º Liquidación 2014.

5º Dar conta dos informes de morosidade do ano 2014.

6º Nomeamento fillo predilecto D. Félix Rodríguez Domínguez.

7º Aprobación modificación Estatutos Mancomunidade de Concellos de Ourense.

8º Convenio: Delegación de inspección de tributos.

9º Prórroga contrato xestión auga de xestión de servizo público.

10º Concesión caseta de información turística.

11º Expediente pantalán: caducidade.

12º Moción que presenta a Sra. concelleira do PSdG-PSOE na data 10/04/2015.

13º Padróns cobratorios 2015.

14º Decretos 2014.