EXPOSICIÓN DO PXOM DE NOGUEIRA DE RAMUÍN PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS

nogueira-banner-pxom

Como xa sabedes, no pleno extraordinario do pasado 11 de marzo de 2016 tivo lugar a aprobación incial do Plan Xeral de Ordenación Urbanística do noso Concello. O luns 4 de abril publicábase o anuncio de información pública no DOG a partir do cal comeza o prazo de exposición e a posibilidade de presentar alegacións.  (PRAZO ampliado ata o 5 de agosto de 2016).

Desde o martes día 5 de abril, expóñense os Planos Xerais de Información e os Planos Específicos de cada Núcleo de Poboación, xunto con un exemplar dos Documentos Complementarios, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Luintra.

Tamén se pode consultar o PXOM completo na web do concello no seguinte enlace: http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/pxomNOGUEIRARAMUIN.htm 

Así mesmo, o plan exporáse por parroquias en horario de tarde a partir das 16:00 horas nas seguintes datas:

  • 15 abril: Nogueira
  • 19 abril: Faramontaos
  • 22 abril: San Miguel Do Campo
  • 26 abril: Armariz
  • 29 abril: Loña Do Monte
  • 3 maio: Carballeira
  • 6 maio: Viñoás
  • 10 maio: Cerreda
  • 13 maio: Vilar De Cerreda / A Rasa
  • 20 maio: Moura
  • 24 maio: San Estevo
  • 27 maio: Santa Cruz de Rubiacós

Deixámosvos eiquí o modelo de documento de alegacións que habería que presentar, recordando que só dispomos de DOUS MESES, ata o 5 de xuño para facelo: AMPLIADO PRAZO DE EXPOSICIÓN DO PXOM ATA O 5 DE AGOSTO! 

ALEGACION_PXOM_LUINTRA

RECOMENDAMOS A TÓDOLOS VECIÑ@S QUE CADA UN BUSQUE NOS PLANOS DO PXOM AS SÚAS PROPIEDADES E COMPROBE COMO ESTÁN CALIFICADAS. 

No TOMO III. FICHAS DOS NÚCLEOS RURAIS, aparecen os planos de cada unha das parroquias e as súas localidades.

CRÓNICA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 11 DE MARZO DE 2016

Deixámosvos eiqui un breve resumo do pleno extraordinario celebrado o pasado venres día 11 de marzo de 2016 no concello:

Comezou o pleno gardando un minuto de silencio polas víctimas do 11-M e en recordo do traballador do concello falecido recentemente.

Logo procedeuse á votación para cambiar a orde dos puntos a tratar por petición do señor Alcalde. Todos estiveron de acordo co cambio proposto.

 

1º Aprobación da acta do 23 de novembro do 2015. Aprobouse por unanimidade.

 

2º Modificación dos estatutos do Consorcio Local de Os Peares. Todos a favor e abstención do BNG.

 

3º Expúxose a necesidade da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

 

Os veciños disporán de dous meses desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións ao mesmo. Desde o grupo da oposición intentouse ampliar este plazo a 4 meses pero esta proposta non foi aceptada.

Para facer público o plan o concello comprometeuse a:

  • Publicalo na páxina web do concello.
  • O técnico encargado da súa elaboración estará no concello para atender aos veciños (os días da semana aínda están sin concretar)
  • O técnico desplazarase polas distintas parroquias para explicalo (datas sin concretar).

Este punto tivo os votos a favor dos concelleiros do PP e a abstención dos grupos da oposición. Esta abstención debeuse a falta de tempo para revisar toda a documentación que non tiveron dispoñible ata dous días antes do pleno.

 

Dende ADN tentaremos tamén informarvos acerca deste tema segundo haxa novidades.

PLENO EXTRAORDINARIO VENRES 11 ÁS 9:30 HORAS

Este venres día 11 de marzo ás 9:30 horas terá lugar un pleno extraordinario no Concello ao que vos animamos a asistir coa seguinte orde do día :

1º Acta anterior (23/11/2015).

2º Aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

3º Modificación Estatutos Consorcio Local Os Peares.

Ao tratarse dun pleno extraordinario non haberá rogos e preguntas.

Segundo os nosos cálculos, debería terse celebrado un pleno ordinario no mes de xaneiro (celébranse normalmente cada tres meses e o pasado foi en outubro…), no que entre os temas a tratar, estarían seguro algúns dos que se falaron na Xuntanza da Carballeira, propostos en mocións, rogos e preguntas… Non sabemos porqué razón o Concello non levou a cabo esta convocatoria habendo estes asuntos pendientes…Pola nosa parte, seguiremos a intentar que no próximo se teñan en conta tódalas demandas dos veciñ@s.