PLENO ORDINARIO 20 XULLO 2016 ÁS 9:30 HORAS

O próximo mércores 20 de xullo de 2016 ás 9:30 hai convocada sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte orde do día:

1º.- Dar conta Modificacións de créditos núms: 16, 17,18/2015.

2º.- Desestimento do procedemento de contratación da xestión de servizo público de Explotación do servizo de catamarán e do edificio multiusos, expediente 82/2014.

3º.- Modificación Orzamentaria nº2/2016.

4º.- Expediente investigación camiño de Vertelo (Viñoás).

5º.- Convenio marco de cooperación relativo á inspección de tributos municipais do período 2016/2019.

6º.- Mocións.

7º.- Rogos e preguntas.

Animádevos a asistir.

 

 

PLENO EXTRAORDINARIO VENRES 11 ÁS 9:30 HORAS

Este venres día 11 de marzo ás 9:30 horas terá lugar un pleno extraordinario no Concello ao que vos animamos a asistir coa seguinte orde do día :

1º Acta anterior (23/11/2015).

2º Aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

3º Modificación Estatutos Consorcio Local Os Peares.

Ao tratarse dun pleno extraordinario non haberá rogos e preguntas.

Segundo os nosos cálculos, debería terse celebrado un pleno ordinario no mes de xaneiro (celébranse normalmente cada tres meses e o pasado foi en outubro…), no que entre os temas a tratar, estarían seguro algúns dos que se falaron na Xuntanza da Carballeira, propostos en mocións, rogos e preguntas… Non sabemos porqué razón o Concello non levou a cabo esta convocatoria habendo estes asuntos pendientes…Pola nosa parte, seguiremos a intentar que no próximo se teñan en conta tódalas demandas dos veciñ@s.

A CABALGATA DE REIXES

Deixamosvos eiqui un comentario que recibimos no noso correo dunha nai de Nogueira de Ramuín sobre a Cabalgata de Reixes que se celebrou o pasado día 5 de xaneiro pola tarde en Luintra:
 
 
¡Indignación! indignación e vergonza allea é o que sinto polo noso concello e tamén polos pais do montón de nenos que había hoxe na cabalgata de reixes de Luintra.
Indignación co noso concello porque a pesares de ter unha fermosa débeda gasta o que non hai en repartir xoguetes (as veces caros) entre os nenos pero non dedica nin un euro a facer algún tipo de animación para que eses nenos pasen un bo rato e non estén pensando só en coller o xoguete e marchar correndo. En Luintra a cabalgata dura exactamente o tempo que tardan en repartir os xoguetes.
Indignación con alguns pais que se atreven a vir a Luintra cos seus fillos a recoller o agasallo do concello pero que logo non aparecen máis por eiquí con eles e os levan a colexios de outros concellos porque o noso «non vale». Tódolos anos por reixes sorpréndome da cantidade de nenos que hai no concello i eu sen sabelo…..
Aínda que.. si o penso un pouco igual non sería mala idea ofrecer un xoguete  a principio de curso para atraer ó colexio a eses nenos que tanta falta nos fan porque o que comprobamos cada ano é que «habelos, hainos».
Recordárvos que tedes o noso correo á vosa disposición: amigosdenogueira@gmail.com para facer comentarios, enviar textos, información ou suxestións, opinións, fotografías… Saúdos!

CRÓNICA DO PLENO DE CONSTITUCIÓN DO 13 DE XUÑO

IMG-20150614-WA0009

Foto anterior á elección do alcalde

O salón de plenos estaba este sábado día 13 de xuño cheo, algunha xente tivo que quedar de pé. Mulleres, homes e nenos querían estar presentes no acto no que os nos@s concelleir@s xuran e prometen o seu cargo.

Despois deste acto procedeuse a elección do alcalde, César Parente. O señor alcalde pronunciou un discurso no que avogou pola transparencia e por unha mellora dos servizos sociais como puntos máis importantes.

O pleno transcurriu sin ningún tipo de incidente e sen ningunha sorpresa.

 

PLENO EXTRAORDINARIO MÉRCORES 10 ÁS 9:30

Convocado Pleno Extraordinario do Concello este mércores día 10 de xuño ás 9:30 con un único punto a tratar, o último pleno antes da constitución da nova Corporación Municipal que se celebrará o sábado día 13 de xuño.

Animámosvos dende eiquí a tódolos veciñ@s de Nogueira de Ramuín a asistir!!! Vémonos no Salón de Plenos!!

ORDE DO DÍA:

Aprobación de actas anteriores (23/12/2014), (24/04/2015) e (28/04/2015).

PLENO EXTRAORDINARIO VENRES 24 ÁS 9:30 HORAS

Convocado Pleno Extraordinario do Concello para este venres 24 de abril ás 9:30 horas.

Animámosvos a tódolos veciños e veciñas de Nogueira de Ramuín a asistir!!!!!

Orde do Día:

1º Acta anterior.

2º Dar conta do período medio de pagamento a proveedores 3º e 4º trimestre.

3º Dar conta da remisión datos seguimento Plan de Axuste.

4º Liquidación 2014.

5º Dar conta dos informes de morosidade do ano 2014.

6º Nomeamento fillo predilecto D. Félix Rodríguez Domínguez.

7º Aprobación modificación Estatutos Mancomunidade de Concellos de Ourense.

8º Convenio: Delegación de inspección de tributos.

9º Prórroga contrato xestión auga de xestión de servizo público.

10º Concesión caseta de información turística.

11º Expediente pantalán: caducidade.

12º Moción que presenta a Sra. concelleira do PSdG-PSOE na data 10/04/2015.

13º Padróns cobratorios 2015.

14º Decretos 2014.